Saltar ao contido

Rafa García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafa García
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Cidade Real, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2005 Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes 4(0)
2006–2008 Getafe Club de Fútbol B
2008–2009 Rayo Vallecano B
2009–2013   Rayo Vallecano 45(1)
2012–2013 cesión   Xerez Club Deportivo 38(0)
2013–2014   CD Lugo 24(0)
2014–2014 FC Dinamo Tbilisi 0(0)
2014–2015 Deportivo Alavés 19(1)
2015– Club de Futbol Reus Deportiu

Rafael García García, coñecido habitualmente como Rafa García, nado o 14 de xaneiro de 1986 en Cidade Real, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid, que xoga como mediocentro no Deportivo Alavés tras deixar o FC Dinamo Tbilisi sen chegar a xogar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Cidade Real, criado na vila próxima de Las Casas, tivo como primeiro club o Albacete Balompié, no que se formou nas súas categorías inferiores. Regresou un ano á súa cidade natal, para despois pasar aos equipos inferiores do Real Madrid e finalmente ao Getafe B. No equipo madrileño, chegou facer a pretempada co primeiro equipo, mais preferiu enrolarse nas filas do Rayo Vallecano B para completar a súa formación, debido ás boas referencias que tiña da súa canteira.

Na tempada 2009-10, co traspaso de Mohamed Diamé ao Wigan Athletic e tras realizar a pretemporada entre o primeiro e o segundo equipos, convence ao técnico Pepe Mel para que pasase a formar parte dos xogadores do primeiro equipo do Rayo Vallecano.[1] Durante a súa primeira tempada no primeiro equipo alterna titularidade con Movilla e Michel no centro do campo. Na tempada 2010-11 perde presenza no equipo titular, mais é parte importante no ascenso do Rayo de José Ramón Sandoval á Primeira División.

Na tempada 2011-12 comeza a tempada no Rayo en Primeira, completando toda a primeira volta e xogando catro partidos. No mercado invernal, é cedido ao Xerez Club Deportivo no que xogaría un total de 18 partidos na segunda volta da Segunda División. Ante o interese do club andaluz volver ser cedido, mais o 8 de outubro de 2012 o club xerezano anuncia que se descubriu unha anomalía no seu corazón, polo que debe deixar o fútbol de forma preventiva á espera de novos estudos médicos. Pouco despois descártase calquera tipo de problemas e volve xogar normalmente, sempre como titular no mediocentro do Xerez. O 5 de agosto de 2013, asina como novo xogador do Club Deportivo Lugo.

Club Categoría Ano PX Goles
S.S. Reyes Segunda B 2005-2006 4 0
Getafe B Terceira 2006-2007
Getafe B Terceira 2007-2008 35 1
Rayo Vallecano B Terceira 2008-2009 30 0
Rayo Vallecano Segunda 2009-2010 24 1
Rayo Vallecano Segunda 2010-2011 17 0
Rayo Vallecano Primeira 2011-2012 4 0
Xerez Segunda 2012 18 0
Xerez Segunda 2012-2013 21 0
Lugo Segunda 2013-2014 25 0
Dinamo Tbilisi Umaglesi Liga 2014 0 0
Deportivo Alavés Segunda 2014-2015
  1. Join Fútbol, ed. (31 de agosto de 2009). "Rafael García promociona al primer equipo del Rayo Vallecano". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 5 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]